Un dos cadros máis famosos do pintor Velázquez, “Las Meninas”, atópase outra vez na casa, no Museo Nacional do Prado, en Madrid. Despois de que esta mañá, sobre as nove e media, un dos gardas de seguridade descubrise que o cadro desaparcera, a Garda Civil desplegou a máis de cincuenta traballadores para dar co cadro roubado, nun dos rescates de obras de arte máis rápido da historia de España.
Durante toda a mañá efectivos do Corpo de Seguridade do Estado rastrexaron a capital española e as principais vías de saída do país, na búsqueda dalgunha pista que poidese axudar na procura do retrato da Infanta Margarita. Varias horas despois, a Garda Civil, localizou o cadro nun camión cerca de Valladolid. No lugar dos feitos foron detidas tres persoas que xa pasaron á disposición xudicial.
”Las Meninas” de Velázquez
“Las Meninas” de Velázquez atópase xa no Museo do Prado, aínda que terá que ser restaurada, pois sufriu numerosos danos. Segundo a dirección do Museo, a obra presenta rasgóns, buratos e restos de humidade, polo que o público no poderá gozar ata pasados uns días do cadro.